28 jun 2012

DESPEDIDA


O importante non é chegar, é o camiño.
Grazas por ter compartido unha parte del.
Xusto.
Despois de 11 anos aprendendo algo sobre a orientación educativa nos colexios de Curtis e Teixeiro, chega o momento de despedirse. Foron uns anos moi interesantes a nivel profesional e persoal.
Desexaría agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa, comezando por todos os rapaces e rapazas que durante estes anos pasaron polos nosos colexios, e, como non, polas súas familias.
Pero especialmente a todos os meus compañeiros e compañeiras nos que atopei sempre un gran respecto e axuda en todo momento. Con moitos, despois de tanto tempo, xa se forxou unha boa amizade.
Unha aperta moi forte e ata sempre.

COMEZO CURSO

O mércores día 12 setembro comezarán de novo as clases. BO VERÁN!!!!!

21 jun 2012

COMEZA O VERÁN

Hoxe comeza o verán e mañá as vacacións. 

Para  poder pasalo ben xogando e repasando este verán  olímpico 2012 preme na imaxe

12 jun 2012

COMO REACCIONAR AOS SUSPENSOS

Co remate das clases, chega o verán, e con el as cualificacións. Nun artículo publicado no xornal La Vanguardia faise unha reflexión sobre os suspensos, danse ideas para enfrontalos e pautas para evitalos.
O verán (1573). Giusseppe Arcimboldo

BENVIDA

Recibimos ao alumnado de 3 anos que vai comezar a asistir aos nosos centros o próximo curso.
Estas son as fotos da visita.
CEIP DE CURTIS

CEIP DE TEIXEIRO

Deixámosvos estes dous enlaces a documentos nos que se recolle información complementaria á facilitada na visita sobre o período de adaptación e a lexislación de educación infantil.
¡BENVIDOS! ¡BENVIDAS!

7 jun 2012

SOMOS ASÍ - UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO

SOMOS é unha iniciativa que agrupa moitas ONG coa finalidade de fomentar a solidaridade na sociedade e para recoñecer todo o que as persoas que colaboran con elas fan cada día. É unha homenaxe ás persoas que colaboran actualmente e unha invitación a outras para que se sumen ao soño de cambiar o mundo.
Para demostrar que se queremos podemos cambiar algo, o 8 de xuño propóllennos que saiamos con algo do revés (xersei,, camiseta, pantalón, reloxo, ...).
MAÑÁ, 8 DE XUÑO SAL CON ALGO DO REVÉS.
Máis información da campaña e da teoría da solidariedade en www.somosasi.org 


5 jun 2012

MAIO-MES DAS FAMILIAS

Deixamos unhas fotos das actividades coas que colaboraron tres nais durante o mes de maio no CEIP de Curtis co alumnado de E.Infantil. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
Comezamos coa nai de Alia que nos falou dos coidados que precisan as nosas mascotas e descubrimos moitas curiosidades sobre elas.

    A nai de Salma explicounos onde se inventaron os selos, para que sirven, ...
e tróuxenos unha colección feita polo seu irmán cando era pequeno.

Coa nai de Alba aprendemos como funcionan os nosos ollos, como os debemos coidar, ... e moitas máis cousas do seu traballo na óptica.