28 abr 2012

QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA

Esta fin de semana recomendamos ... LUGO, porque o sábado día 28 comeza a I Edición Guecho Skate Battle Lugo 2012  e o domingo 29 a IX Semana Internacional Maxia en Lugo coa Gala Inaugural "LUGOMÁXICO 2012", pero o martes 1 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire do Parque da Milagrosa ás 18:00 terá lugar a Gala Infantil: Ludus.

De camiño podes pasar pola Sala de Exposicións do Centro Social Uxío Novoneyra para gozar da Exposición colectiva en favor da Sociedade Protectora de Animais de Lugo na que colaboran 39 artistas plásticos e, como non, dar un paseo pola muralla romana de Lugo, Patrimonio da Humanidade desde o ano 2000.

Máis información sobre a axenda cultural da cidade premendo na imaxe.

27 abr 2012

DEBERES ¿SI OU NON?

Una familia. Fernando Botero. 1989
Os deberes é un tema de debate de sempre, que actualmente volve a ser titular en moitos xornais pola controversia creada en Francia. Neste artículo, Jesús Jarque expón a súa opinión sobre o tema. 

Son tamén interesantes as orientacións  para o estudo na casa que dá o mesmo autor no seu blog. 

26 abr 2012

CONTACONTOS


Estupenda sesión de contacontos do alumnado de 3º e 4º de EP do CEIP  de Curtis aos compañeiros e compañeiras de E,Infantil. Sentimos non ter fotografías da sesión do CEIP de Teixeiro que tamén resultou magnífica.

IMAXINARTE XOGOS

Accede á páxina de xogos da revista Muy interesante: sudokus, encrucillados, pasatempos, dados, ... que axudarán a que mellores a atención, a memoria, a linguaxe, o cálculo, ...
Cadrados con círculos concéntricos. Kandinsky. 1913.


PÁXINAS EDUCATIVAS

Paisaje de Ceret. 1913. Juan Gris.
Paisaxe de Ceret. 1913. Juan Gris 
Interesantne recompilatorio de páxinas web educativas realizado polo CEIP Juan Gris de Madrid.
Accede premendo na imaxe.

25 abr 2012

OUTRAS FORMAS DE MULTIPLICAR

Queres aprender outras formas de multiplicar creativas e divertidas?

NON SEI QUE FACER!!!

Mafalda. Quino.
Moitos dos comportamentos dos nenos e nenas que queremos eliminar son reforzados porque lles prestamos demasiada atención, cando o mellor xeito de conseguir que desapareza é non prestarlle atención.

Sobre este e outros aspectos a "Supernanny" da bos consellos nos seus vídeos. Moi recomendable tamén o titulado "non se convence a un neno falando, senón con consecuencias".

22 abr 2012

9 MANEIRAS DE ODIAR A LECTURA

Folleto ás  familias elaborado polo Departamento a partir dunha reportaxe  en Cadernos de Literatura Infantil e Xuvenil. Nov 2005.

View more presentations from docurtis.

19 abr 2012

QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA


Esta fin de semana, ademais de poder aproveitala para pensar nalgunha actividade para participar no centro no mes das familias e sacar algunha fotografía para a exposición: ler para convivir, convivir para ler, enviámosvos tres propostas de Teatro.

PACAMA

PACAMA é unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. 
KATARSIS
Dirección: Omar Alvarez y Kevin Stewart
Públiconen@s de 1 a 5 anos
Duración: 40 minutos
Funcións: sábado 21 ás 19.00 h.; domingo 22 ás 12.30 e 19.00 h.
Entradas: 5’00  €




CONTOS DO CESTIÑO


Hai algún tempo que este cestiño vai polo mundo adiante. Antes, levou peixe para un pescador, e despois fartouse de ir de feira en feira, dunha man a un ombreiro, dun ombreiro a unha cabeza.

Isto, e moitas outras cousas, me contou este cestiño cando nos atopamos por primeira vez.
Contos modernos, lendas, clásicos..., segundo o que saia do cesto.

RAQUEL QUEIZÁS
DirecciónRaquel Queizás
Públiconen@s a partir de 3 anos
Duración: 50 minutos
Función: 19.00 h.
Entradas4.00 € (abono 3 familiar, 10.00 €


STORYROOM

de Joshua Mc Carey

Benvidos ao StoryRoom! Un cuarto ao que estarás sempre invitado para escoitar contos dramatizados en inglés para toda a familia.  

Dirección: Joshua Mc Carey
Público: niñ@s a partir de 5 años
Duración: 40 minutos
Función: 17.00 hrs.
Entradas: 5’00  €

CONTOS COEDUCATIVOS

Contos elaborados polo alumnado de 3º de EP do CEIPde Curtis. A próxima semana, coincidindo coa conmemoriación o día 23 do Día do libro, contaranos aos compañeiros e compañeiras doutros ciclos.

17 abr 2012

HABILIDADES SOCIAIS

É importante que os nenos e as nenas adquiran e mellorn as súas habilidades sociais. Neste mes imos reforzar a mellora da autoestima facilitando a emisión de autoafirmacións positivas.Estes son os carteis motivadores en galego e en inglés.Desde a familia tamén podemos mellorar a autoestima dos nosos fillos e fillas. Preme para obter máis información.


View more presentations from docurtis.

CONTOS COEDUCATIVOS

Estes son os contos  versionados e elaborados polos nenos e nenas de 4º de EP do CEIP de Curtis o mes pasado dentro das actividades propostas para o Día da Muller. Tresporquiñas

View more presentations from docurtis.

MAIO - MES DAS FAMILIAS


Como en anos anteriores queremos invitar a calquera membro da familia do noso alumnado a que veña un día polo centro a realizar algunha actividade de interese: contacontos, receitas, xogos, pintura, falar sobre un tema, ...
Animámosvos a participar. Facédenos chegar a folla que enviamos cuberta ou comunicádeo ao enderezo electrónico do departamento para poder organizar as visitas o mellor posible.
Esperámosvos!

Tangram



Xogo de atención que serve para promover o desenvolvemento de capacidades psicomotrices e intelectuais nos nenos e nenas.

Simón dice...


Xogo para traballar a memoria e a atención.

ORIENTACIÓN EDUCATIVA

Guía sobre orientación educativa para profesorado e familias elaborada pola psicóloga e orientadora Ana Torres Jack e publicada pola Voz de Galicia no seu programa Prensa-Escola.

  

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS



Quen dixo que as matemáticas eran aburridas?
Descubre moitas maneiras divertidas de aprender coas matemáticas.

15 abr 2012

ESCOLA NAIS E PAIS


 
En colaboración co Concello de Curtis, a próxima semana teremos a Escola de nais e pais deste trimestre sobre o tema das Drogas brandas.
A encargada de dar a charla será a psicóloga e educadora familiar do Concello de Curtis, Loreto Taboada, que estivo impartindo no trimestre pasado un obradoiro ao alumnado do terceiro ciclo sobre o mesmo tema.
As datas e horarios serán:
CEIP DE CURTIS - Martes 17 de abril ás 10:15 horas.
CEIP DE TEIXEIRO - Venres 20 de abril ás 10:00 horas.
Esperamos contar coa vosa presenza.