28 jun 2012

DESPEDIDA


O importante non é chegar, é o camiño.
Grazas por ter compartido unha parte del.
Xusto.
Despois de 11 anos aprendendo algo sobre a orientación educativa nos colexios de Curtis e Teixeiro, chega o momento de despedirse. Foron uns anos moi interesantes a nivel profesional e persoal.
Desexaría agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa, comezando por todos os rapaces e rapazas que durante estes anos pasaron polos nosos colexios, e, como non, polas súas familias.
Pero especialmente a todos os meus compañeiros e compañeiras nos que atopei sempre un gran respecto e axuda en todo momento. Con moitos, despois de tanto tempo, xa se forxou unha boa amizade.
Unha aperta moi forte e ata sempre.

COMEZO CURSO

O mércores día 12 setembro comezarán de novo as clases. BO VERÁN!!!!!

21 jun 2012

COMEZA O VERÁN

Hoxe comeza o verán e mañá as vacacións. 

Para  poder pasalo ben xogando e repasando este verán  olímpico 2012 preme na imaxe

12 jun 2012

COMO REACCIONAR AOS SUSPENSOS

Co remate das clases, chega o verán, e con el as cualificacións. Nun artículo publicado no xornal La Vanguardia faise unha reflexión sobre os suspensos, danse ideas para enfrontalos e pautas para evitalos.
O verán (1573). Giusseppe Arcimboldo

BENVIDA

Recibimos ao alumnado de 3 anos que vai comezar a asistir aos nosos centros o próximo curso.
Estas son as fotos da visita.
CEIP DE CURTIS

CEIP DE TEIXEIRO

Deixámosvos estes dous enlaces a documentos nos que se recolle información complementaria á facilitada na visita sobre o período de adaptación e a lexislación de educación infantil.
¡BENVIDOS! ¡BENVIDAS!

7 jun 2012

SOMOS ASÍ - UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO

SOMOS é unha iniciativa que agrupa moitas ONG coa finalidade de fomentar a solidaridade na sociedade e para recoñecer todo o que as persoas que colaboran con elas fan cada día. É unha homenaxe ás persoas que colaboran actualmente e unha invitación a outras para que se sumen ao soño de cambiar o mundo.
Para demostrar que se queremos podemos cambiar algo, o 8 de xuño propóllennos que saiamos con algo do revés (xersei,, camiseta, pantalón, reloxo, ...).
MAÑÁ, 8 DE XUÑO SAL CON ALGO DO REVÉS.
Máis información da campaña e da teoría da solidariedade en www.somosasi.org 


5 jun 2012

MAIO-MES DAS FAMILIAS

Deixamos unhas fotos das actividades coas que colaboraron tres nais durante o mes de maio no CEIP de Curtis co alumnado de E.Infantil. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
Comezamos coa nai de Alia que nos falou dos coidados que precisan as nosas mascotas e descubrimos moitas curiosidades sobre elas.

    A nai de Salma explicounos onde se inventaron os selos, para que sirven, ...
e tróuxenos unha colección feita polo seu irmán cando era pequeno.

Coa nai de Alba aprendemos como funcionan os nosos ollos, como os debemos coidar, ... e moitas máis cousas do seu traballo na óptica.

31 may 2012

O MUNCYT ABRE AS SÚAS PORTAS

Mañá 1 de xuño abre oficialmente as súas portas o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (Muncyt). Para celebrarlo, a entrada ao museo durante o mes de xuño será de balde. O horario de apertura será de martes a venres de 10.00 a 17.00 horas, e os sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 15.00 horas.
Cabina do Boeing 747 que trouxo o Guernica de Picasso a España. Adquirido en 2009.

FESTA VOZ NATURA

Voz Natura celebrará a súa tradicional festa fin de  curso o sábado 2 de xuño, a partir das once da mañá, no parque deportivo de Acea de Ama, en Culleredo (A Coruña). Está invitado todo o mundo que queira asistir, con entrada libre e participaciòn gratuíta en todas as actividades.
Máis información premendo a imaxe.

29 may 2012

REMATAMOS!!!

A partir da proposta do equipo de dinamización da convivencia e despois de dous cursos colaborando entre todo o profesorado e o alumnado do CEIP de Curtis, xa temos o túnel decorado coas nosos debuxos. Non parece o mesmo!! Grazas a todos e todas !!

ASÍ SE FIXO.


28 may 2012

MAIO - MES DAS FAMILIAS

Comezamos a semana pasada cunha actividade de pintura que preparou a nai de Aitor de 5 anos. Resultaron ser uns debuxos máxicos. QUE BONITOS QUEDARON!!

E rematamos o venres coa nai de Antía de 3 anos  que é monitora de tempo libre. Organizounos uns xogos moi divertidos e ensinounos unhas cancións preciosas. QUE BEN O PASAMOS!!.
Moitas grazas ás dúas.

26 may 2012

CONFERENCIA EMILIO CALATAYUD

Hoxe asistimos en Bergondo a unha magnifica conferencia do coñecido xuíz de menores andaluz Emilio Calatayud. Nela relatou a súa visión da problemática familiar, social, ... cos menores e expuxo as sancións que utiliza habitualmente no seu xulgado.
Para os que non puideron asistir deixamos este vídeo doutra conferencia realizada en Andalucía.
Moi interesante o decálogo para formar un delincuente.

24 may 2012

QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA

A festa das flores de Curtis que se vai celebrar esta fin se semana vaivos ter moi ocupados/as á maioría, pero para os/as que desexen algo máis tranquilo recomendamos:
- As actividades de LUCUS CULTURAL que comezan este sábado para quentar motores para o ARDE LUCUS.
- O concerto en familia do Festival Mozart da Coruña: Romeo e Xulieta. Sábado 26 no Pazo da Ópera ás 12:30 (entradas 2 e 3 euros).
Prado de Curtis. María Antonia Dans.
(Preme aquí para ver máis obras da pintora)

22 may 2012

PREPARÁNDONOS PARA A ESO

No seguinte cartel atoparás información de interese para a seguinte etapa que estás a piques de comezar.

17 may 2012

17 MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Valentín Paz Andrade (elcorreogallego.com)
Hoxe, 17 de maio, coma todos os anos desde  adíacase o día ás LETRAS GALEGAS. Neste caso o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade. Podedes obter máis inforamación sobre el, actividades, xogos, enlaces de interese, ... no blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Centro (édlingua) ou na páxina da Coordinadora de ENDL.


CON OLLOS DE NENO/A

Estupendo libro que recolle as magníficas viñetas de Francesco Tonucci que invitan a reflexionar e a ver  a escola con ollos de neno/a.

15 may 2012

DÍA DO MUSEO

O próximo venres día 18 celébrase o día do museo polo que se pode visitar calquera de balde. Na páxina do Sistema Galego de Museos ( MUGA) podedes atopar información de todos os museos de Galicia
.S/T (cuadro)
Figura humana. Luis Seoane. 1959. Museo Belas Artes (A Coruña)